lunes, 25 de noviembre de 2013

DAYS OF THE DINOSAUR





Despois de investigar e traballar un pouquiño sobre os Dinosaurios , por fin hoxe fomos de visita a exposición Days of the Dinosaur .

Pasámolo moi ben , tivemos unha monitora estupenda que nos explicou de maravilla unha morea de curiosidades sobre estes grandes animaliños .


sábado, 23 de noviembre de 2013

Mochila Viaxeira




O pasado xoves 14 arrancamos un ano máis coa Mochila Viaxeira: unha mochila chea de aventuras, emocións e bos momentos, que os nosos rapaces e rapazas poderán disfrutar durante unha semana nas súas casas. Aquí vos amosamos os primeiros dous afortunado en disfrutar dela: Brian e Moise. 


Paciencia para os demáis, e xa sabedes que o próximo xoves vos pode tocar a vos! 


Saúdos e boa lectura, no Ceip Fonte Escura!"


viernes, 22 de noviembre de 2013

Aprendemos sobre Dinosaurios






Esta semana estivemos descubrindo os Dinosaurios... a verdade é que nos sorprendeu a súa altura, o seu peso.. e dende logo.. descubrir que se extinguiron fai moitiiiiiiiiiiiiiiiisimos anos, e que o próximos luns 25 imos ter a dinoportunidade de ir a ver unha exposición sobre eles.
Así que aquí vos deixamos unhas cantas fotos para que vexades o moito que traballamos e aprendimos no cole. Cada un de nós encargouse de un.. foi moi dinodivertido!

lunes, 18 de noviembre de 2013

Dinos e máis dinos!



UNHA CANCIÓN PARA IR APRENDENDO OS NOMES DALGÚNS DINOSAURIOS .

Debuxamos Dinosaurios




Hoxe comezamos a traballar sobre OS DINOSAURIOS  porque o vindeiro luns imos de excursión a unha exposición sobre os dinosaurios .


lunes, 11 de noviembre de 2013

Magosto 1º ciclo

Magosto no 1º ciclo

Hoxe no noso centro festexamos o Magosto !

 Pasamolo xenial cos Xogos Tradicionais que nos preparou o Mestre Manu coa axuda dos nenos e nenas do 3º ciclo .

 Xogamos e despois comemos unhas ricas castañas asadas que nos preparou Isa , a nosa porteiro-vixiante .




martes, 5 de noviembre de 2013

Magosto


Se queredes pasar un bo rato e aprender moitas cousas sobre o MAGOSTO , pinchade no enlace que tedes arriba .