lunes, 16 de diciembre de 2013

Os nosos debuxos do Apalpador



Enchemos os sacos con boliñas de papel seda de cores .


Asi nos quedou o mural rematado . 

O inverno

O inverno está case aqui , imos dándolle a benvida . 


Fixemos uns bonecos de neve moi simpáticos aproveitando uns botóns vellos  . 



Aprendemos a facer folerpas de neve para decorar as nosas ventás . 


jueves, 12 de diciembre de 2013

O APALPADOR





Aqui vos deixo a cancion de MALVELA do APALPADOR !





Hoxe é día do Nadal,

día do Noso Señor

ide logo para a camiña

que vai vir o Apalpador.


Hoxe é día do Nadal,

vai neniño para a camiña

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.


Hoxe é día do Nadal,

que haberá gran nevarada,

e há vir o Apalpador

cunha mega de castañas.


Por aquela cemba,

xa ven relumbrando,

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.

jueves, 5 de diciembre de 2013

Aqui vos deixamos o noso APALPADOR



Como vedes, fixemos un mural co debuxo do Apalpador . 

Tamén investigamos un pouco máis sobre este personaxe e descubrimos moitas cousas .

 Por exemplo que sempre leva unha pucha para non ter frio na cabeza ou que calza uns zocos de coiro con sola de madeira . E cando vai de paseo a recoller castañas leva un fol para ilas gardando .