viernes, 21 de noviembre de 2014

Magosto na clase




Hoxe ademáis dos xogos tradicionais e de degustar unhas riquisimas castañas asadas , fixemos na clase moitas máis cousas . Lemos o poema do Magosto e aprendemos a historia dunha castaña que se subira enriba dunha araña .
Tamén fixemos unha coroa de Castañas e unha landriña moi simpática .

jueves, 13 de noviembre de 2014

lunes, 10 de noviembre de 2014

Facemos Pasta Dentífrica








Elaboración ;


  1. Poñemos un bol con arxila branca e preparamos un buratiño no medio . 
  2. Misturamos auga cunhas culleradas de bicarbonato sódico e un pouco de sal . 
  3. Remexemos moi ben vertémolo no bol coa arxila. 
  4. Cando obteñamos unha pasta suave podemos aromatizala con esencia naturais coma a de limón.
  5. Gardámola nun frasquiño ben tapado e xa a temos lista para utilizar . 


Ten moitos beneficios, o máis importante é que non é tóxica e que a podemos tragar. 
É un xeito moi san de coidar os nosos dentes . 
Animádevos a facelo . 


miércoles, 5 de noviembre de 2014

E ti que comes?








Preme na imaxe da roda dos grupos de alimentos
 e aprende máis cousas sobre o que comemos  .