viernes, 20 de junio de 2014

Vémonos en setembro



Volveremos o 10 de setembro , con novos compañeiros, 
novas ilusións e todo un novo curso por diante.


Rematamos o curso




Rematamos cunha gran merendola na clase .

Foi un curso moi bonito e imonos botar moito de menos !!!!

Para o vindeiro curso algúns nenos xa non estarán , van para o piso de arriba , para a clase de terceiro, pero virán novos compañeiros cos que aprender e xogar .




Bo verán a todos ! 

jueves, 12 de junio de 2014

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE





Hoxe rematamos a nosa participación no Programa do Concello de Vigo , "Camiña con nós pola Igualdade" . 

Dámoslle as grazas a Elsa pola súa marabillosa labor ! 





jueves, 5 de junio de 2014

Dia do Medio Ambiente



Hoxe é o Dia Mundial Do Medio Ambiente , 
como sabedes o noso planeta está un pouquiño enfermo ... 




Por iso os nenos e nenas do 1º ciclo adicamos este curso a  facer unha chea de manualidades con materiais de refugallo reutilizando e reciclando , 





Esta é a nosa última creación ... uns simpáticos personaxes feitos con caixiñas de ovos !!