miércoles, 24 de junio de 2015

Vémonos en Setembro









VÉMONOS O DÍA 10 DE SETEMBRO ! 









RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
1o PRIMARIA
CURSO 2014-15

En primeiro lugar , descansar e desfrutar coa familia .

Repasar cada día un pouquiño dos libros de 1o que fixemos durante ocurso ( así recordaremos o aprendido).

Ler un pouco cada día , , pode ser un libro , un conto ou mesmo as
historias que traballamos durante o curso .

 É moi importante ler en alto paramellorar a entoación e o ritmo . 

Non esquezar respetar as pausas , as comas,os puntos e os puntos a parte .
Facer una pequena copia , non ten que ser moi longa, tres ou catro
ringleiras, fixándote ben en todo para non ter faltas de ortografía. 

Non hai presa , así que fai a letra bonita, enlazada e dentro da
pauta. Non esquezas comezar con maiúscula e rematar cun punto .

Repasa os números ata o 100, cara adiante , cara atrás , de dous en dous,de tres en tres, de cinco en cinco e de dez en dez.

 Ordena números de maior amenor , e de menor a maior.

Suma con levadas .Resta sen levadas .

Resolve algún problema de suma ou resta.

Non te esquezas de facer algún debuxo de vez en cando para pintar moidespacio despois, redondeando co lapis , nada de facer riscos nin sairte.

Trátase de facer algo cada día para non esquecer o aprendido!


Todo o que fagas traeo en setembro para que che dea a noraboa polo traballo realizado . 


viernes, 5 de junio de 2015




Os nenos e nenas de 1º levamos tempo coidando dunhas tomateiras na clase. 
Comezaron sendo soamente unhas pequenas sementes , pero agora 
mirade que grandes e fermosas están . 

Para festexar o Dia Mundial do Medio Ambiente , levámolas para casa , a ver 
si pronto nos dan froito . 


lunes, 1 de junio de 2015

As fases da Lúa





Preme na imaxe e escoita o conto . 








NA CLASE FIXEMOS UNHA REPRESENTACIÓN DAS FASES DA LÚA MOI RICA !!