miércoles, 4 de febrero de 2015

Coñecemos un pouco máis aos POLBOS




COMO SON ?

Os polbos son animais sen esqueleto interno , o seu corpo é brandiño e suave .

Teñen dous grandes ollos, un a cada lado da cabeza .

Da súa cabeza saen oito brazos, os tentáculos, que teñen unhas ventosas coas que se moven e atrapan as súas presas .

Teñen tres corazóns e non poden escoitar , son xordos .

Poden camuflarse moi ben , mudando o seu aspecto , isto axúdaos a fuxir dos seus depredadores . 



ONDE VIVEN ?

Os polbos viven nos océanos, son animais de auga salgada. Buscan vivir en zonas rochosas.




DE QUE SE ALIMENTAN?

Os polbos son carnívoros , comen sobre todo caranguexos, crustáceos, langostas, peixes

Comen as súas presas grazas a un pico moi duro que teñen dentro da súa boca.



COMO SE REPRODUCEN ?

Os polbos son ovíparos, é dicir, poñen ovos .




CURIOSIDADES :

Sabias que se lle cortas un tentáculo a un polbo este pode volver a nacerlle.

O polbo pode expulsar unha tinta moi escura para escapar dun depredador . Con esa tinta pode ata deixalo cego durante un tempo , asi aproveita e foxe. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario